GALEGO
Regulamento Interno da Sección Portugal-Galicia
Anexo 3 dos Estatutos da Asociación Edilic
A sección transfronteiriza Portugal-Galicia da Asociación EDiLiC (Educación e Diversidade Lingüística e Cultural) ten o seguinte nome Educación para a diversidade lingüística e cultural - EduDiLC
Finalidade
Esta sección ten como finalidade xuntar esforzos, en Portugal e en Galicia, no sentido de perseguir os obxectivos definidos no Artigo 2º dos estatutos da Asociación EDiLiC. Así, a sección ten como misión divulgar, en Portugal e en Galicia, as informacións relativas á actividade da asociación, poñendo en acción os medios dispoñibles, tal como se expón no Artigo 4º dos estatutos da asociación.
Estrutura
Poderán ser membros da sección EduDiLC todas as persoas socias de EDiLiC que teñan unha actividade profesional ligada a Portugal e/ou Galicia, que se comprometan coa valorización da diversidade lingüística e cultural, e participen na toma de decisións relativas á elección dos seus responsables, actividades e financiamento.
As actividades da sección EduDiLC son coordinadas por unha Comisión de 3 a 5 membros. A comisión integra obrigatoriamente un/unha Presidente, un/unha secretario/a, un/unha tesoureiro/a, responsable da xestión dos recursos financeiros. Pode ter un/unha ou dous/duas vicepresidentes. A representación da comisión no seo da Asociación Internacional EDiLiC será feita pelo/a presidente e/ou vicepresidente(s).
Funcionamento democrático
A elección da Comisión realizarase coincidindo coa reunión da Asamblea de membros da sección EduDiLC, presencialmente e/ou a distancia, o que debe ter lugar cada dous anos, ata tres meses antes da realización do Congreso Internacional da Asociación EDiLiC.
O/a Presidente pode ser destituido por petición expresamente formulada pola cuarta parte dos membros da sección e dirixida á/ao Presidenta da sección, e con copia á/ao Presidenta da Asociación. Neste caso, deberá realizarse unha nova elección ata dous meses despois de terse formulado a petición, en reunión da asamblea de membros da sección, expresamente reunidos para tal efecto.
A asamblea debe aprobar o informe de actividades e o informe financeiro da Comisión que coordina a sección.
A comisión consulta aos membros por correo electrónico ou por outro medio para a toma de decisións sobre cuestións importantes relativas á súa actividade.
As reunións da comisión terán lugar polo menos dúas veces ao ano, podendo realizarse por medios electrónicos.
Para outros asuntos relativos ao funcionamento da sección seguiráse o previsto nos estatutos da Asociación EDiLiC.